Frisia (histórica)
Epónimo | Frisii (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua frisoa | ||||
Frisia (na lingua frisia Fryslân [ˈfrislɔ̃ːn] (axuda · info)) é unha rexión histórica do noroeste de Europa, sobre o litoral do mar do Norte, que se estende desde o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña (Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), ata alcanzar o sueste de Xutlandia en Dinamarca. Os seus habitantes denomínanse frisóns e a súa lingua chámase tamén o frisón.
Esta rexión componse de:
- Frisia oriental, na Baixa Saxonia.
- Frisia setentrional, en Schleswig-Holstein e até a Xutlandia danesa.
- Frisia occidental, nos Países Baixos.
O nome de Frisia dáse tamén a diversas entidades políticas menores actuais:
- nos Países Baixos:
- a Frisia, unha provincia bilingüe do norte neerlandés;
- a Frisia occidental (West-Friesland), rexión da provincia de Hollanda Septentrionale, sita no noroeste neerlandés.
- en Alemaña:
- a Frisia (Friesland), distrito do noroeste do land de Baixa Saxonia.
- a Frisia do Norte (Nordfriesland), distrito do noroeste do land de Schleswig-Holstein.
As illas de Frisia
[editar | editar a fonte]Cabe aínda ter conta:
- As illas da Frisia ou illas frisoas que constitúen un arquipélago paralelo á costa da Frisia continental, que se estende desde o norte dos Países baixos ata Dinamarca, e que toma as denominacións correspondentes á Frisia litoral:
Unha parte do antigo ducado de Oldenburg, a occidente da Frisia oriental, coñécese tamén como Frisia (Friesland).
Denominacións autóctonas
[editar | editar a fonte]A Frisia denomínase en frisón occidental Fryslân; en frisón setentrional Fraschlönj; en frisón oriental Fräislound ; en baixo-saxón occidental Freesland; en alemán e neerlandés Friesland e, por último, en danés Frislan